BENVIDOS A PAXINA OFICIAL DE CRISTOBAL RODRIGUEZ-----BIENVENIDOS A LA PAGINA WEB DE CRISTOBAL RODRIGUEZ ----- WELCOME TO THE CRISTOBAL RODRIGUEZ'S WEBSITE
   
  CRISTÓBAL RÓDRIGUEZ
  Inicio
 
CRISTOBAL RODRIGUEZ RECIBE O GALARDON DE MELLOR PENTATLETA GALEGO 2008 EN CATEGORIA ABSOLUTA


O Pentatleta Internacional Vivariense Cristobal Rodríguez Pertencente ao FeFeMe Cidade de Lugo recibio o Sabado 31 de Xaneiro durante a X Gala Do Pentatlón Moderno e Triatlón celebrada en Ou Carballiño (Ourense)o Galardon de mellor Pentatleta galego en Categoría Absoluta á tempada 2008, o premio ao laureado multideportista Vivariense foi concedido por Unanimidad, logo da deliberación do Xurado composto por xornalistas deportivos de diferentes medios de comunicación, técnicos, xuíces e adestradores dos distintos estamentos federativos que coincidiron en destacar a capacidade de sacrificio e traballo do Vivariense nun deporte tan duro e tan complexo como o Pentatlón Moderno.
Rodríguez foi felicitado pola Conselleira de deportes Anxela Bugallo que asistiu á gala xunto a outras autoridades, a par de Rodríguez foron premiados tamén os seus compañeiros e amigos persoais os Triatletas Oscar Castro de Pontevedra que recibiu o premio ao mellor promesa, e o numero un do Ranking Mundial de Triatlón o Ferrolano Gomes Noya, que recibiu tamén por unanimidad o galardón de mellor triatleta galleo 2008 .

CRISTOBAL RODRIGUEZ LOGRA O SUBCAMPEONATO DA COPA LUCENSE DE ARMAS NEUMATICAS.


O Pentatleta Internacional Vivariense Cristóbal Rodríguez lograba hoxe domingo 25 de xaneiro ás 13 horas proclamarse subcampeón da (X COPA LUCENSE DE ARMAS NEUMATICAS) na modalidade de pistola de precisión. O deportista do Real Aeroclub lucense, adestrado no sector de tiro polos técnicos Rafael Pardo e o internacional preolímpico Xullo Rivas, non puido participar nas tirada do 28 de decembro por arrastrar problemas físicos ocasionados por un accidente de circulación sufrido o 22 de decembro, pero a constancia do vivariense permitiulle ir escalando postos na xeneral ata alcanzar o podium.
A súa irmá, Yolanda Rodríguez, de nove anos, que competía en categoría cadete conseguiu praza de finalista ao clasificarse oitava entre tiradoras de 13 e 14 anos.

CRISTOBAL RODRIGUEZ SUBCAMPEON DE ESPAÑA JUNIOR DE PENTATLÓN MODERNO

CUARTO CLASIFICADO EN ELITE ABSOLUTO

O Pentatleta Internacional Vivariense Cristobal Rodríguez do FeFeMe Cidade de Lugo proclamábase Subcampeón de España Junior de Pentatlón Moderno e Cuarto en Elite Absoluto 2008, o pasado Sabado dia 20 na Cidade de Barcelona .

Rodríguez conseguiu vencer na disciplina de Tiro absoluto con 179 Scores de 200 posibles, superando ata ao mismisimo Jaime Lopez, olimpico en Pekín 2008, realizando tambien unha magnifica natación e unha boa carreira a pé que lle darian un total 4040 puntos.

A competición unha das mais reñidas e difíciles dos ultimos tempos obrigo ao pentatleta de Viveiro a empregarse a fondo non dubidando o seleccionador nacional de cualificalo como un gran competidor e eterno loitador.

ESTE TRIUNFO QUERE O MULTIDEPORTISTA DEDICARLLO Aos seus OITO ADESTRADORES E Aos seus AMIGOS E SEGUIDORES EN XERAL.


CRISTOBAL RODRIGUEZ PROCLÁMASE CAMPIÓN ASTURGALAICO DE PENTATLÓN MODERNO EN CATEGORÍA ABSOLUTA



O Pentatleta internacional Vivariense Cristóbal Rodríguez proclamou se o Domingo dia sete de decembro do 2008 Campión Astur-Galaico de Pentatlón Moderno en Categoría Absoluta, Rodríguez venceu nas dúas probas das que se compuxo o campionato sendo a Primeira o 22 de novembro en Asturias e a Segunda en Galicia. A loita polo Podium en Lugo estivo moi disputada polos grandes pentatletas Pablo Cuervo Bueno, Diego Martínez e o Asturiano con ficha galega Jaime Garrido. Pero a implacable perseveranza do pentatleta de Viveiro lévolle ao triunfo.

CRISTOBAL RODRIGUEZ BRONCE NA SUA PRIMEIRA CARREIRA DE MONTAÑA NO MONTE DE SANTA CRUZ


Ana Ferradás e Cristóbal Rodríguez

O pentatleta Internacional mariñán Subcampión de Europa de Biatlón 2006 e Sexto no Europeo de Substitucións de Pentatlón Moderno 2007, obtivo o pasado sábado a terceira praza en Categoría Xuvenil na primeira edición da carreira do Monte de Santa Cruz en Ribadeo, a saída da proba efectuábase pasadas un pouco as 17,30 cun tempo magnifico sobre un circuíto duro, técnico pero ao mesmo tempo fermoso ao que había que dar dúas voltas cunha magnifica organización, o club de Atletismo Ribadeo tivo o seu bautismo de lume e supéroo con nota diriamos que mesmo rozo o sobresaliente, control de dorsais en diferentes puntos quilométricos do circuíto, o cal estaba perfectamente marcado e sinalizado o que permitía unha mellor dosificación do ritmo de competición, co que respecta ao Recorman Galego absoluto de Pentatlón Moderno o Mariñán Cristóbal Rodríguez manifestouse moi contento por toda a organización así como polo trato dispensado, o multideportista seguiu comentando que o que máis lle preocupaba era a recuperación do pé, pero despois de saír cauto a primeira volta e ver que non-tenia molestias nun circuíto que llas traía, decidiu meter toda a carne ao asador dando a segunda volta DOUS MINUTOS E OITO SEGUNDOS mais rápida o que lle permitiu remontar até a zona de medallas na súa categoría, e alcanzar a terceira praza o cal recoñecía con satisfacción dicindo Un podio é un Podio!. E os dous que me venceron son bos atletas que ninguén se confunda engadiu o mariñán. Eu debo repartir o meu traballo en cinco disciplinas dúas físicas e tres técnicas.

CRISTOBAL RODRIGUEZ, Dúbida NO CIRCUíTO ASTUR DE BIATLON

Cristobal rodriguez no biatlon de Caravia 2007

O internacional vivariense Cristóbal Rodríguez, actual campión do circuíto astur de biatlón é dúbida na próxima edición devido a unha lesión no pé dereito. Rodríguez é ademas o actual campión astur de biatlón na súa categoría ao imporse cun longo sprint na pasada edición do biatlón de Rivadesella

CRISTOBAL RODRIGUEZ SE SITUA NO NUMERO DOUS DO RANKING NACIONAL XUVENIL

Cristóbal Rodríguez no campionato de Europa.

O pentatleta internacional vivariense, colócase como numero dous do ranking nacional xuvenil cunha marca de 11364 puntos despois de haberse celebrado a final dos campionatos de España nas instalacións da albericia e o pavillón de tiro os perigos na cidade de Santander, onde chegaba o multideportista formando parte da selección galega de pentatlón moderno que disputaba tamén o nacional por Comunidades Autónomas onde logro colgarse unha meritoria medalla de bronce que a coloca como punteira no panorama nacional disputando con Canarias e Cataluña a pesar de levar moitos menos anos de experiencia.
 
   
 
Europa Casino
Europa Casino
eu