CRISTOBAL RODRIGUEZ SUBCAMPEÓN DE ESPAÑA

O pentatleta internacional vivariense, Cristóbal Rodríguez, proclamouse subcampión de España de Pentatlón Moderno 2008 en categoría xuvenil o pasado sábado día 7 de xuño na cidade de Santander. Rodríguez, que acudía lesionado á cita, non puido disputar a cuarta proba puntuable para o campionato, pero a suma dos puntos obtidos nas tres competicións anteriores foron suficiente para obter a medalla de prata.
Doutra banda, Yolanda Rodríguez obtiña a medalla de bronce en categoría benjamín, despois dunha dura pugna cos seus rivais.
|